EUROPA TAMÉN SE XOGA EN AROUSA Maio 23, 2009
Posted by vilagarciasocialista in Uncategorized.trackback
Hoxe en Vilagarcía xogamos a conmemorar o II Bicentenario da Guerra da Independencia xa que dín que foi este pobo o primeiro de Galicia en proclamar a Independencia española de Francia e en manifestar a súa lealdade ó Rei Fernando VII o 12 de maio de 1808. (As datas axustanse á necesidades festivas da actualidade aproveitando a festividade local). A proclamación resultou atrarer dramáticas circunstancias para Vilagarcía e os municipios do contorno cando as tropas invasoras napoleónicas vingaronse cando entraron en Galicia en marzo de 1909.
Sin querelo hoxe Europa he en certo aspecto xusto o que quería Napoleón, un todo político (coas suás particularidades e independencia de cada Estado), este sistema de colaboración ten grandes beneficios dos que España non pode renegar, xa que as subvencións europeas solventaron grandes problemas deste país. Pero aínda así hai moitos que pensan Europa é unha entelequia que non ten gran utilidade. Non vou facer un relatorio das ventaxes e desventaxes da Unión Europea, creo que quedou patente que ata, no seu momento, o discutido euro foi un grande acerto.
Pero agora debemos dar un paso máis, seguir traballando nas medidas económicas pero centrarnos nas sociais e de educación.
O descoñecido e protestado Plan Bolonia é un dese pasos e haberá que explicalo máis e mellor para que aqueles que só miran polo seu embigo se descubran coma o demagogos que son.
Non é tarefa miña facer campaña das eleccións europeas pero síntome na obriga de expresar a miña oponión neste sentido e deixar claro que “esta guerra tamén é a miña”, e que os graos de area que aportemos todos farán de Europa a nosa casa e non o fogar de acollida que moitos pensan que é.
Así que si queredes unha Europa preocupada polas persoas esa Europa non virá da mán dos partidos de dereitas que antepoñen a economía ao benestar.
Na vosa man está a Europa que queredes; quedar na casa e mirar para outro lado non resolve os problemas.







Comentarios»
No comments yet — be the first.